• 18-01-18 CoordinadoraAutomocionIndustria01.JPG
  • 18-01-18 CoordinadoraAutomocionIndustria02.JPG
  • 18-01-18 CoordinadoraAutomocionIndustria03.JPG

A CIG-Industria constitúe a nova coordinadora da automoción que unificará as reivindicacións do sector

Para consensuar os criterios que orientarán a negociación colectiva

Nacional -

A CIG-Industria vén de constituír a nova coordinadora da automoción, unha vez celebrados os distintos procesos congresuais da federación tanto a nivel nacional como comarcal. Este organismo, cuxa responsábel é a traballadora e delegada do comité de Plastic Omnium de Redondela, María Xosé García Gómez, será o encargado, entre outras cousas, de unificar os criterios e as reivindicacións que orientarán a negociación colectiva por parte da central nas distintas empresas do sector.

Na xuntanza constituínte da nova coordinadora, que tivo lugar en Vigo a semana pasada, participaron representantes sindicais de numerosas empresas do sector do automóbil do conxunto do país, no que a CIG é o sindicato maioritario. Durante o encontro levouse a cabo unha análise pormenorizada da situación actual que atravesa unha industria da que dependen milleiros de traballadores/as en Galiza.

Ademais, acordáronse as liñas de traballo que centrarán o funcionamento da coordinadora nos vindeiros seis meses e unificáronse os criterios e as reivindicacións que os representantes da central sindical levarán ás compañías a través da negociación colectiva.

Volver