A CIG vén de gañar as eleccións sindicais que se celebraron este luns na terminal de contedores do Porto de Marín operada por Pérez Torres, ao obter seis dos nove delegados e delegadas de persoal que se elixían para o comité de empresa. Deste xeito, a central nacionalista consolida a súa presenza nunha das principais empresas de Marín e no sector marítimo portuario.
Os resultados das eleccións son os que seguen:
|
|
CIG
|
UGT
|
|
Votos
|
Delegados/as
|
Votos
|
Delegados/as
|
|
C. Técnicos
|
33
|
3
|
22
|
2
|
|
C. Especialistas
|
39
|
3
|
6
|
1
|
|
Total
|
72
|
6
|
28
|
3
|
Estes resultados respaldan a liña sindical desenvolvida nestes últimos catro anos e supoñen un aval ao traballado realizado polos delegados da CIG, que consegue un resultado histórico ao pasar de contar con dous representantes no colexio de especialistas a quedar a un só voto de sacar os catro delegados que se elixían neste colexio. E isto, malia os atrancos por parte da dirección para impedir que a CIG incrementara a súa representación.
Neste senso, a CIG destaca a elevada participación do persoal neste proceso de eleccións e agradece a confianza depositada nas candidaturas da central nacionalista. Con este claro apoio, a CIG reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos e pola a mellora das condicións sociolaborais do conxunto dos traballadores e traballadoras de Pérez Torres.