A CIG gañou as eleccións sindicais do persoal funcionario do Concello de Fene, ao lograr tres dos/as cinco delegados/as do órgano de representación. Nas eleccións participaron un total de 59 traballadores/as dun censo de 62 funcionarios/as, o que supón unha participación do 95,16%.
A estas eleccións concorreron tres candidaturas que acadaron os seguintes resultados:
|
Candidatura
|
Votos
|
%
|
Delegados/as
2019
|
Delegados/as
2015
|
|
CIG
|
39
|
66%
|
3 (+1)
|
2
|
|
UXT
|
11
|
19%
|
1 (=)
|
2
|
|
CSIF
|
9
|
15%
|
1 (-1)
|
1
|
A CIG revalida a maioría en número de votos
A CIG quere agradecerlle ao funcionario do concello o seu apoio nestas eleccións "que nos permitiu revalidar a maioría en número de votos (2/3 do total) e subir a representación na xunta de persoal con 1 delegado/a máis a respecto das eleccións de 2015".
Estes resultados electorais poñen de manifesto que o funcionariado do Concello de Fene referendou a política sindical que a CIG levou a cabo durante estes últimos catro anos, "demandando unha auténtica negociación fronte á imposición do actual goberno municipal co apoio e a complicidade dunha parte da representación sindical".
Compromiso "para traballar arreo"
Neste senso, os/as representantes da CIG subliñan que seguirán "traballando arreo para promover un clima de diálogo, boa fe negociadora e respecto mutuo que nos permita establecer e sentar as bases de futuros acordos sobre todos aqueles temas que incluímos no programa co que concorremos a estas eleccións".
Asemade, a CIG traballará por revalidar a súa maioría nas eleccións ao comité de empresa, órgano de representación do persoal laboral, que terán lugar nas vindeiras semanas.