A CIG gaña as eleccións en Electrorayma e obtén catro representantes no Comité

O proceso celebrouse este mércores

A Coruña -

A CIG-Industria de Ferrol vén de gañar as eleccións sindicais celebradas este mércores na empresa Electrorayma, ao conseguir catro representantes dos nove que se elixían, fronte aos tres membros de CCOO e dous da UGT.

No colexio de operarios/as, onde se elixían 7 delegados/as, a candidatura da CIG conseguiu 39 votos dos 75 emitidos, o que supón 4 membros no Comité de empresa. Pola súa banda, CCOO obtivo 27 votos e 2 delegados e UGT contou con 9 votos e 1 delegado.

No colexio de técnicos/as, os dous 2 representantes a escoller foron para CCOO e UGT, logrando 1 delegado e 12 votos cada unha destas centrais. A CIG, non acadou representación neste colexio, pero a candidatura conseguiu 5 votos.

O Secretario Comarcal da CIG-Industria, Vicente Vidal, destaca os resultados obtidos, xa que supoñen un cambio na representación con respecto ás anteriores eleccións -nas se elixiron 13 representantes-. Naquel proceso, a CIG obtivo 4 delegados/as, por 6 de CCOO e 3 de UGT. De modo que, a central nacionalista mantén o número de membros, mentres no Comité que Comisións perde 3 representantes e UGT 1 delegado.

Volver