A CIG debateu sobre os 20 anos da Lei de Prevención de Riscos Laborais no Salón da Prevención e Seguridade Laboral de Ourense

A central organizou unha xornada técnica para delegados/as na 11ª edición de Previsel

Vigo -

O Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG organizou unha xornada técnica dirixida a delegados/as sindicais no 11º Salón da Prevención e Seguridade Laboral de Ourense (Previsel) -que se celebrou este mércores e xoves- na que se abordaron os pros e os contras da aplicación da Lei de Prevención de Riscos Laborais, da que se cumpren 20 anos.

O encontro desenvolveuse co formato de mesa redonda baixo o lema 'A saúde é riqueza' e xirou arredor da Lei de Prevención de Riscos Laborais, da que se cumpren 20 anos. Os e as asistentes debatiron sobre os aspectos positivos e negativos da aplicación da normativa.

Participaron o secretario comarcal da CIG-Ourense, Etelvino Blanco, o técnico de Prevención de Riscos Laborais e membro da executiva confederal Anxo Pérez Carballo, un médico especialista en medicina do traballo, un delegado de prevención da CIG e unha inspectora de Traballo.

Volver