A CIG de Ourense mobilízase contra a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais

A central desenvolveu unha asemblea de delegados/as na que tamén se analizou a Lei de Saúde
Ourense - 10 Out 2017

A Unión Comarcal da CIG de Ourense levou hoxe a cabo unha asemblea de delegados/as para analizar o contido da Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais que pretende aprobar o Goberno galego do PP. Tras o encontro, no que tamén se abordou a Lei de Saúde, os representantes sindicais desenvolveron unha concentración diante do edificio da Xunta.

Os encargados/as de explicar o contido dos proxectos de Lei de Saúde e de Fomento de Iniciativas Empresariais foron a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, e o secretario comarcal da CIG-Ourense, Anxo Pérez Carballo, quenes fixeron un repaso aos principais aspectos do texto.

Ao remate da asemblea de delegados/as -que nun principio ía celebrarse o pasado día 3 pero que finalmente trasladouse para hoxe- tivo lugar unha concentración diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza (Casa de Chocolate).

>>A Xunta abandona os nosos sectores produtivos mentres favorece un modelo industrial “colonial”