A federación de Industria da CIG continúa coa súa campaña en defensa do sector galego da automoción -que combina mobilizacións, campaña de información, xestións institucionais e achega de propostas- e convoca unha manifestación en Vigo para este martes 6 de xullo.
A marcha, que se celebra baixo o lema 'Por un futuro industrial para a automoción', arrincará da porta principal do grupo Stellantis (antiga PSA Citroën) ás 10:00 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade.