A CIG convoca máis de 40 mobilizacións este 8-M

Corral: "Imos situar Galiza no mapa do paro internacional de mulleres"

Nacional -

A CIG convoca folga no marco do paro internacional de mulleres que o 8 de marzo secundarán preto de 100 países, para reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes nas condicións de traballo, na esfera social e o dereito a vivir sen violencia. A central anima a todas as mulleres (estudantes, xubiladas, desempregadas, asalariadas, funcionarias, fixas, eventuais, etc.) a participar activamente neste xornada de loita secundando os paros laborais e acudindo a calquera das máis de 40 mobilizacións que a central sindical ten organizadas ao longo de todo o país.

Pois, tal e como manifesta a secretaria confederal das Mulleres da CIG, Marga Corral, este 8 de Marzo "imos situar Galiza no mapa do paro internacional de mulleres", recuperando a orixe de clase e reivindicativa do Día Internacional da Muller Traballadora e marcando un antes e un despois na conmemoración deste data. "Ás galegas sóbrannos as razóns para ir á folga", asevera.

A CIG convoca paros parciais en cada unha das quendas laborais: de 00:00 a 2:00 horas da madrugada; de 12:00 a 14:00 horas e de 19:30 a 21:30 horas para que todas as mulleres poidan sumarse á folga convocada no traballado asalariado, mais tamén á folga de consumo, a de brazos cruzados nas tarefas de coidado, ao boicot ás empresas con publicidade ou reclamo sexista e a mobilizarse nas múltiples convocatorias previstas ao longo e ancho do país.

Mapa de mobilizacións da CIG

MOBILIZACIÓNS

PAROS POR QUENDAS DE TRABALLO

de 00h-02h da madrugada

de 12h a 14h

de 19:30h a 21:30h

UNIÓN COMARCAL DE VIGO

VIGO: 12:30h Na farola de Urzáiz

VIGO: 12:30h Na estrada Clara Campoamor (na rotonda de aceso ao hospital Álvaro Cunqueiro)

BUEU: 12:30h Diante do Concello (Rúa Eduardo Vicenti, 8)

CANGAS: 12:30h Diante do Concello (Avda. Castelao, 2)

MOAÑA: 12:30h Diante do Concello (Rúa As Barxas, 2)

TOMIÑO: 12:00h Diante do Concello (Praza do Seixo)

TUI: 12:30h No Outlet

O PORRIÑO: 12:30h no IES Ribeira do Louro (Torneiros)

UNIÓN COMARCAL DA CORUÑA

A CORUÑA: 12:00h Na rotonda do CHUAC

ARTEIXO: 12:30h Nas portas do Concello

BETANZOS: 12:30h Nas portas do Concello

CARBALLO: 12:30h Nas portas do Concello

CEE: 12:30h Praza 8 de marzo

UNIÓN COMARCAL DE COMPOSTELA

* 12:30h no Centro Comercial As Cancelas

* 12:30h na Praza de Galiza

* 12:30h diante do Hospital Clínico

* 12:30h diante da Xunta de Galiza en San Caetano

RIBEIRA: 12:00h diante do Hospital do Barbanza

 * 20:00h Praza do Concello

UNIÓN COMARCAL DE FERROL

* 12:30h Praza de Amada García (Edificio da Xunta)

* 12:30h Hospital Arquitecto Marcide

AS PONTES: 12:30h Praza do Concello

UNIÓN COMARCAL DE LUGO

* 12:30h Diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza

MONFORTE: 20:00h Praza de España

A MARIÑA / VIVEIRO / BURELA / RIBADEO : 12:30h Diante dos Concellos

UNIÓN COMARCAL DE OURENSE

* 12:30h Praza Maior

O BARCO DE VALDEORRAS: 20:00h Praza do Concello

VERÍN: 20:00h Praza do Concello

UNIÓN COMARCAL DE PONTEVEDRA

* 12:30h na Praza da Peregrina

* 12:00h Hospital de Montecelo

POLÍGONO DO CAMPIÑO: 12:30h e 20:00h na rotonda de acceso

VILAGARCÍA/O GROVE/CAMBADOS: 12:30h Diante dos concellos

PORTONOVO: 12:30h Diante da Piscina Municipal

A ESTRADA: 12:30h Diante do Concello

LALÍN: 12:30 Praza da Igrexa

PONTECESURES: 12:30h diante do Concello

OUTRAS MOBILIZACIÓNS DO MOVEMENTO FEMINISTA GALEGO O 8M

VIGO: 20:00h MANIFESTACIÓN desde a praza de Portugal. Convoca: Plataforma Galegas8M

COMPOSTELA: 20:00h MANIFESTACIÓN dende a Praza 8 de marzo. Convocan: PFG e Galegas8M

FERROL: 20:00h na Praza Amada García. Convoca Marcha Mundial das Mulleres

A CORUÑA: 19:30h na Praza de Pontevedra. Convoca: Galegas8M (Grupo Local)

LUGO:  20:00h. RUADA dende o Multiusos da Xunta. Convocan: PF. Lugo e Translurpies

OURENSE: 20:00h MANIFESTACIÓN desde a Subdelegación do Goberno. Convoca: Galegas8M.

ALLARIZ: 12:30H Praza do Concello

CEE: 20:00h. CONCENTRACIÓN na Praza 8 de Marzo. Convoca: Asociación Feminista Buserana

Volver