A CIG-Construción cualifica de “sainete teatral” a visita do ministro de Fomento ás obras do AVE

Denuncia que o Goberno despreocúpase das condicións laborais “terceiromundistas”

Ourense -

A federación de Construción da CIG considera que a visita realizada onte polo ministro de Fomento ás obras do AVE en Ourense foi un “sainete teatral” co que o Partido Popular busca “facerse unha foto bonita para venderlla a todos/as os galegos/as ao máis rancio estilo electoralista”. Dende a central denuncian que o representante do Goberno español no se preocupa, “ao igual que a súa antecesora por máis galega que fose”, polas condicións laborais “terceiromundistas” que padecen os traballadoresIas do tramo galego.

En concreto, sinalan que o persoal que desenvolve o seu labor nas obras de construción desta infraestrutura no noso país “está a ser explotado polas UTE e polas empresas subcontratadas, ademais de sufrir a neglixencia e o abandono dos organismos encargados de velar e garantir que as súas condicións de traballo sexan o máis dignas posíbeis e que se cumpra co establecido no convenio da onstrución en materia de xornada, saúde laboral e salarios.

Diante disto, lembran que con anterioridade xa fomularon varias denuncias en distintos tramos do AVE, onde as xornadas laborais que realizan a maioría dos traballadores/as superan as 12 horas diarias. Ademais, estes/as empregados/as desenvolven o seu labor nunhas condicións de precariedade e inseguridade que se traduce en accidentes laborais graves e mesmo mortais.

Finalmente, inciden en que as obras que contan con financiamento público teñen que ser un referente en materia de seguridade laboral e en cumprimento do convenio colectivo.

 

Volver