A CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego en repulsa á violencia machista

O sábado 13 de febreiro, ás 20 horas, nas sete cidades e mais O Carballiño, Vilalba e Nigrán

A Coruña -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este sábado 13 de febreiro en repulsa ao asasinato machista de Ana Gómez Nieto en Becerreá.

O asasinato de Ana non pode ser considerado como un máis dunha longa lista de feminicidios. É o primeiro do ano 2016 en Galiza, mais debera ser o último. Non podemos asumir a cotidianidade dos asasinatos de mulleres.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Lugares das concentracións

-Vigo, no Marco ás 20h.

-Lugo, na Praza do Concello ás 20h.

-A Coruña, no Obelisco ás 20h.

-Compostela, na Praza 8 de marzo /Porta do Camiño ás 20h.

-Ferrol, na  Praza do Concello ás 20h.

-Ourense, Castañeira (Subdelegación do Goberno) ás 20h.

-Pontevedra, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro ás 20h.

-O Carballiño, na Praza Maior ás 20h.

-Vilalba, na Praza da Constitución ás 20h.

-Val Miñor, no Parque Ramallosa (Nigrán), ás 18 h.

Volver