A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este sábado, 18 de setembro, en varias localidades do país, en repulsa ao feminicidio de Mónica Marcos Piñeiro, de 52 anos, asasinada na noite do pasado 13 de setembro, a mans da súa parella, no barrio coruñés do Birloque.
Convocamos a toda a sociedade a que visibilice o seu rexeitamento aos valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.
Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.
Horarios e lugares das concentracións:
A Coruña , 20h no Obelisco
A Guarda , 20h na Praza do Reloxo
A Gudiña , 20h na Praza Maior
Allariz , 20h na Praza do Concello
As Pontes , 20h na Praza do Hospital
Betanzos , 20h detrás do palco da música
Cabanas , 20h diante do Concello
Catoira , 20.30h na Alameda
Celanova , 19:30h na Praza Maior.
Compostela , 20h Praza 8 Marzo
Ferrol , 20h diante do Concello
Lalín , 20h na Praza da Igrexa
Moaña , 20h na Praza do Concello
Monforte de Lemos , 20h diante do Concello
O Porriño , 20h Praza do Concello
Ourense , 20h na Castañeira
Pontevedra , 20h na Audiencia Provincial
Ribadavia , 20h na Praza Maior
Val Miñor , 20h no Cruce da Ramallosa.
Vilagarcía , 19h na Praza de Galiza
Vigo , 20h no Marco
NOTA: Para consultar as convocatorias en actualización: http://feminismo.info/feminismo/blog/ante-o-feminicidio-de-monica-marcos-pineiro-na-coruna/