Con esta iniciativa a central nacionalista dá un paso máis na campaña de mobilizacións e propostas lanzada en setembro baixo o lema ‘A suba dos prezos que a pague o capital. Queremos vivir dignamente’ para facerlle fronte ao actual contexto de emerxencia social, no que a imparábel suba dos prezos e as dificultades para acceder a unha vivenda están a empobrecer a clase traballadora e a imposibilitar unha vida digna para a maioría social.
En concreto, a CIG reclama do Goberno central e da Xunta un Plan de Choque con medidas que garantan de xeito inmediato, entre outras cousas, a suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) até os 1375 euros mensuais neste 2026, o dereito á vivenda, a intervención pública nos sectores estratéxicos, unha maior protección social e o reforzo dos servizos públicos.