A CIG amplía a súa maioría na empresa radicada na Mina de Touro, F.Gómez e Cía.

Pasa de 3 a 6 delegados agrandando a súa maioría absoluta

Compostela -

A CIG vén de ampliar a súa maioría absoluta na empresa construtora F. Gómez e Cía, radicada na Mina de Touro, acadando 6 dos 9 delegados/as que se elixían. A central sindical aumentou tamén a porcentaxe de votos quedando o comité conformado por 6 delegados/as da CIG; 2 delegados/as de CCOO e 1 Independente.

A CIG considera que con estes resultados as traballadoras e traballadores avalaron, de xeito maioritario, o traballo desenvolvido ao longo destes anos e volven agora confiar na central sindical como a mellor ferramenta para a defensa dos seus dereitos.

Os resultados así o constatan:

Colexio de especialistas e non cualificados

 

VOTOS

DELEGADOS/AS

CIG

102

6

CCOO

26

2

 

Colexio de Técnicos/as e administrativos/as

 

VOTOS

DELEGADOS/AS

INDEPENDENTES

16

1

UGT

3

0

 

Volver