Os traballadores/as de Veolia ratifican o convenio de centro de traballo que iguala as condicións laborais

O persoal do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro logrou a equiparación co do Sergas

Vigo -

Os traballadores/as de Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, ratificou onte en asemblea por ampla maioría o o convenio colectivo de centro de traballo que iguala as condicións laborais co persoal do Sergas.

Segundo explican dende a CIG-Industria, os 64 empregados/as de Veolia tiñan até o de agora distintas condicións laborais ao vir de distintos centros de traballo e contar con convenios diferentes: Meixoeiro, hospital Xeral (persoal do Sergas) e da propia empresa. “Entón promoveron eleccións sindicais e gañou a candidatura da CIG, tras o que se iniciou a negociación dun convenio de centro de traballo que igualase as condicións laborais”.

Tras case ano e medio de conversas coa empresa e numerosas mobilizacións -incluída a convocatoria dunha folga indefinida que non se chegou a facer efectiva porque se chegou a un acordo- os traballadores/as lograr que a dirección atendese as súas reivindicacións, polo que se elaborou un novo convenio que os iguala co persoal do Sergas.

O preacordo pactado foi aprobado nun primeiro momento en asemblea, mentres que onte os traballadores/as ratificaron o convenio final que lles foi entregado polo comité de empresa (2 delegados da CIG, 1 de CCOO, 1 da UGT e da UTI).

Volver