Este venres celébrase en Compostela o 2º Encontro Nacional de Mulleres da CIG, co obxectivo de continuar debatendo sobre a situación sociolaboral das mulleres e as nosas alternativas, afondando nesta ocasión na problemática do acoso e o resto de violencias machistas que se producen no traballo.
Ademais, co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, ao remate do encontro, por volta das 12:00 horas, realizarase unha marcha a pé e unha concentración de delegadas diante do Edificio da Xunta de Galiza, en San Caetano.
Mobilizacións do 25 de Novembro
Esta manifestación convocada pola CIG para a propia mañá do 25 de novembro non será a única da xornada. A CIG tamén un chamamento a participar das mobilizacións, concentracións e accións de rúa convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres en:
- A Coruña: ás 20:00 h no Obelisco
- Ferrolterra: ás 19:00 h na Praza do Inferniño
- Ourense: ás 19:00 h no Parque de San Lázaro
- Compostela: ás 20:00 h na Praza 8 de Marzo
- Vigo: ás 20:00 h na Farola de Urzáiz.
>>Presentación da campaña da CIG para este 25 de novembro