Contra a precariedade laboral e o desemprego - Manifestación en Vigo

Mércores 30 Novembro 2016 20:00h A Doblada (Vigo)

Contra a precariedade laboral e o desemprego

Traballo digno na nosa terra! 

  • 80.000 persoas sen emprego na nosa bisbarra
  • 9 de cada 10 novos contratos son eventuais
  • Cada mes destrúense postos de traballo na industria e na construción
  • Son máis os empregos a tempo parcial
  • Aumenta a explotación, redúcense os salarios
  • A patronal bloquea a negociación colectiva
  • A mocidade continúa a verse obrigada a emigrar
  • Aumenta a desigualdade e esténdese a pobreza
  • Recórtannos servizos públicos esenciais
  • Ameazan as nosas pensións 

A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO PARA MUDAR ESTA REALIDADE!

A situación da comarca de Vigo é límite. Padecemos unha verdadeira emerxencia social, laboral e produtiva. A crise ten servido de coartada para que o empresariado aumente o nivel de explotación laboral, endurecendo as condicións de traballo, precarizando até o máximo a contratación e abaratando os salarios. Un saqueo que é posíbel grazas ás reformas laborais e da negociación colectiva, aprobadas por PSOE e por PP, e mais tamén á complicidade dos gobernos do Partido Popular na Xunta e en Madrid, que actúan ao ditado da Unión Europea. Ao servizo do grande capital. 

Para superarmos esta situación é indispensábel unha mudanza radical nas políticas. Un cambio de rumbo, que deixe de recortarnos dereitos á clase traballadora para seguir a cebar os lucros duns poucos. Mais esa mudanza non vai chegar por si soa, temos que empurrala nós, desde abaixo, a través da mobilización e do conflito. Coa nosa loita como clase traballadora galega, desde os centros de traballo até os sectores, actuando de maneira unificada e organizada a través do sindicato. 

As nosas reivindicacións:

1) Posta en marcha dun Plano de desenvolvemento industrial para a bisbarra, con intervención pública directa, para reactivar a actividade produtiva e crear emprego estábel e de calidade.

2) Aplicar a Lei do sector naval e crear un Plano galego para a industria da automoción.

3) Plan integral de recuperación da Ría de Vigo, para desenvolver as súas potencialidades en pesca e marisqueo. Fin da exclusión da flota galega nos acordos pesqueiros da UE.

4) Derrogación das reformas laborais, de negociación colectiva e das pensións, e da lei mordaza.

5) Redución da xornada laboral cara ás 35h semanais e limitación das horas extraordinarias, para repartir o traballo.

6) Eliminación das ETTs, limitación da contratación temporal e a tempo parcial.

7) Aumento dos salario mínimo interprofesional e creación dun salario de inserción laboral e social para todas as persoas desempregadas que esgotaron as prestacións ou subsidios.

8) Reactivación da negociación colectiva e avantarmos cara a un Marco Galego de Relacións Laborais.

9) Fin dos recortes e reforzo dos servizos públicos, como o ensino e a sanidade.

Cartaz da protesta


Volver

Calendario

< Maio 2017 Xuño 2017  
Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30