31 Dec 2016
A misión principal dun Estado debe ser a de fortalecer uns servizos e uns sistemas de protección social públicos que garantan ás cidadás e os cidadáns aqueles dereitos considerados esenciais e unhas condicións de vida dignas, inherentes a súa condición de membros dunha sociedade e de acordo ao recollido na Declaración Universal de Dereitos Humanos. Entre eses dereitos está o dereito universal a unha pensión digna e iso só o garante un sistema público de pensións.
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.