Webinar-Solidariedade coas traballadoras e traballadores palestinos: feitos desde o terreo

Palestra telemática este xoves 26 de novembro, as 17 horas
Internacional - 23 Nov 2020

A Rede Sindical Europea Xustiza para Palestina, da que a CIG forma parte, organiza para este xoves, 26 de novembro, unha palestra telemática arredor da situación das traballadoras e os traballadores palestinos. Para participar no evento podes rexistrarte aquí: shorturl.at/ipUY3

Palestina é un dos peores lugares do mundo para traballar. A ocupación militar e a anexión de facto de Cisxordania, e o bloqueo de Gaza, limitan moito os dereitos das traballadoras e traballadores, así como a economía palestina.

Escoita a destacadas/os sindicalistas e expertas/os en dereitos laborais que debaterán a redor de:

- Como a ocupación e a anexión de facto limitan os dereitos das traballadoras e traballadores.

- O impacto da pandemia da Covid-19 nas traballadoras e traballadores palestinos.

- Como a ameaza da anexión formal afectará ás traballadoras e traballadores.

- Como desde a Rede Sindical Europea pola Xustiza para Palestina (ETUN), da que a CIG forma parte, estamos a utilizar a base de dados de empresas nos asentamentos, que fixo pública Nacións Unidas.

Data: Quinta feira, xoves 26 de novembro

Hora: 5 PM CET / 6PM Palestina

Idiomas: EN / FR / ES 

Poñentes:

  • Riya Ak Sanah - Who Profits (Quen se beneficia)
  • Abed Dari - Kavlaoved
  • Mohammad Motawa - Unión de Comités de Traballadoras/es Agrícolas (Union of   Agriculture Work Committees)
  • Lamia Shalalden  - Comités de mulleres (Women Committees)

Modera: Dror Warschawski (ETUN)