Unha nova mobilización dos condutores da liña de bus do aeroporto de Santiago reclamará a subrogación dos postos de traballo

Desenvolverán unha concentración na Praza de Galiza este mércores 14 ás 10:00 horas
Santiago - 13 Xul 2021

Os condutores da liña de autobuses do aeroporto Rosalía de Castro de Santiago desenvolverán unha nova concentración para reclamarlle ao alcalde da cidade e á empresa de transportes Monbus unha solución ao conflito laboral que manteñen aberto dende hai meses para esixir a subrogación dos seus postos de traballo. A concentración terá lugar este mércores 14 de xullo na Praza de Galiza ás 10:00 horas.