
Pontevedra e Vilagarcía tamén acollen mobilizacións contra a precariedade laboral das mulleres

A campaña que está a desenvolver a Secretaría das Mulleres da CIG contra a situación de precariedade na que se atopan milleiros de traballadoras no noso país continuou hoxe con novas mobilizacións en Pontevedra e Vilagarcía. Nesta ocasión, ducias de delegadas sindicais desenvolveron concentracións ás portas dos hospitais Provincial e do Salnés, onde denunciaron as condicións de traballo que padecen as mulleres no sector sociosanitario e reclamaron a derrogación das reformas laborais e das pensións que empobreceron aínda máis a milleiros de traballadoras.