O peche dos centros de Iberdrola en Ourense e de Naturgy na Coruña afondan no desmantelamento industrial

A CIG reclama o mantemento en Galiza destas instalacións e de todos os empregos que xeran
Nacional - 06 Abr 2021

Os peches do Centro de Operación de Cunca do río Sil que Iberdrola ten na Rúa e do Centro de Operación de Rede de Naturgy da Coruña afondan no proceso de desmantelamento industrial que ameaza con converter Galiza nun ermo produtivo. Fronte a isto, a CIG está a desenvolver un intenso calendario de mobilizacións e de xestións institucionais para evitar a destrución do noso tecido empresarial e a perda de máis emprego cualificado.

A CIG está a desenvolver un intenso calendario de protestas e de xestións contra estas decisións 

Porque é necesario forzar a Xunta a intervir contra estas actuacións empresariais para garantir que a riqueza que se xera coa explotación dos recursos naturais galegos reverta no desenvolvemento económico e social da nosa terra. Actuacións que se producen ademais en pleno proceso de transición enerxética, sen que existan políticas públicas que senten as bases dun novo modelo.

De feito, esta transición, que en Galiza non significa outra cousa que destrución de emprego e de tecido produtivo, está a ser dirixida polas propias compañías eléctricas, segundo os seus intereses e sen asumir ningunha responsabilidade social, mentres o Goberno galego fica pasivo.

No caso do centro de Naturgy, a CIG reclámalle á empresa que manteña as instalacións na Coruña para evitar o traslado dos seus 27 traballadores/as a Madrid ou, no caso de non aceptar, ir ao desemprego. Ademais, o peche pon en risco a seguridade e a garantía do subministro, tendo en conta a posición prioritaria da compañía no mercado eléctrico galego, tanto na produción como na distribución.

De igual xeito, demanda a permanencia do centro de Iberdrola xa que se trata dunha decisión inxustificada coa que só se busca reducir custes, porque nin criterios técnicos nin económicos avalan a centralización da supervisión en Salamanca. Por iso esixe o mantemento aquí das instalacións dende as que se controlan as centrais hidroeléctricas, así como de todos os empregos que xeran.