O persoal dos centros de Política Social continúa coas protestas en defensa dos seus dereitos laborais

Desenvolveu novas concentracións diante dos centros de traballo de todo o país
Nacional - 21 Xan 2021

As traballadoras/es dos centros de atención directa dependentes da Consellaría de Política Social continuaron esta mañá coa campaña de protestas que están a desenvolver por todo o país dende hai meses para reclamar a recuperación dos dereitos laborais recortados coa escusa da crise económica en 2012 e para esixir uns servizos de atención ás persoas 100% públicos e de calidade. O departamento autonómico ignorou en todo este tempo os chamamentos ao diálogo por parte das organizacións sindicais promotoras destas mobilizacións, polo que o conflito laboral continuará até que se atenden as súas demandas.