O persoal de Vitrasa segue en loita para demandar solucións ás distintas problemáticas laborais

Hoxe desenvolveu unha nova mobilización diante do Concello de Vigo
Vigo - 03 Xun 2022

O persoal de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, continuou hoxe co seu intenso calendario de mobilizacións para reclamar unha solución ás diferentes problemáticas laborais que vén padecendo dende hai anos, en especial o recente anuncio da empresa de que vai deixar de aplicar o convenio para reducir salarios e dereitos laborais, de xeito que os soldos baixarán un 30% no que queda de ano en un 14% en 2023.

Coa protesta de hoxe diante do Concello tamén queren denunciar o recorte de servizos que a empresa está a levar a cabo dende hai meses, “o que provoca que o que debera ser un servizo público de calidade sexa nestes momentos totalmente deficiente”.

Neste senso, critican que Vitrasa pense unicamente na obtención de beneficios á hora de xestionar o transporte urbano, “o que incide directamente no mal servizo que se está ofrecendo”. Con todo, a dirección estalle a reclamar ao Concello “cantidades desorbitadas por un servizo insuficiente”