O persoal de TYRMA acorda retomar as protestas en xaneiro se non se atenden as súas demandas

A empresa quere modificar as condicións laborais pasando a traballar 24 horas/día, 365 día/ ano
Touro - 18 Dec 2020

O persoal de TYRMA acordou este xoves en asemblea retomar as mobilizacións no mes de xaneiro se a empresa de reciclaxe de plásticos da mina de Touro non atende á demanda de retirar a modificación substancial das condicións laborais ou compensar economicamente os cambios que esta modificación provoque.

A asemblea celebrouse coincidindo coa terceira xornada de folga na que o persoal volveu conseguir parar o 100% da produción o que “demostrou a unión total das traballadoras e  traballadores e constatou que están dispostos a pelexar polos seus dereitos”, afirma Eduardo Sebio.

A empresa pretenden que pasen a traballar cinco quendas diarias con sábados, domingos e festivos incluídos. Isto é, 24 horas ao día os 365 días do ano. Aínda que houbo preconsultas, non se chegou a ningún acordo, porque o persoal demandaba que, no caso de efectivizarse estes cambios se percibira unha compensación xusta por ver mudados os seus horarios e xornadas de traballo.

Así as cousas, ou a empresa recoñece o dereito do persoal a ter unha compensación que satisfaga ás traballadoras e traballadores ,ou en xaneiro continuarán as accións de protesta.