O persoal de TUSSA irá á folga para forzar a negociación do convenio

O comité da compañía municipal de transportes de Santiago convoca unha nova concentración
Santiago - 09 Xul 2021

O comité de empresa de TUSSA, compañía municipal de transportes de Santiago, convoca unha concentración para forzar a negociación do convenio colectivo, que leva máis dun ano paralizada. A representación sindical aproveitará a protesta que terá lugar este luns día 12 diante da pasarela da estación intermodal (rúa do Hórreo ás 10:45 horas) para presentar un novo calendario de mobilizacións e para anunciar unha convocatoria de folga e as datas nas que terá lugar.