O persoal de Thenaisie mobilízase diante do Concello do Grove para reclamar a creación dunha mesa de traballo

Deberán estar representados o comité, o Igape, o empresario interesado na compra, o despacho Garrigues e Anfaco

O Grove -

O cadro de persoal de Thenaisie Provoté desenvolveu esta tarde unha concentración diante do Concello do Grove para reclamarlle á Xunta que constitúa xa unha mesa de traballo para intentar salvar a conserveira do peche e lograr o mantemento de todos os empregos. Segundo sinalan dende a FGAMT-CIG do Salnés, na mesa de traballo terán que estar representados o comité de empresa, o Igape, o empresario galego interesado na adquisición da compañía, o despacho Garrigues -que asesora o grupo romanés Scandia Food, propietario de Thenaisie- e Anfaco, a patronal so sector conserveiro.

“Na primeira xuntanza haberá que poñer as cartas enriba da mesa e facer unha fronte común para salvar Thenaisie da man do proxecto de Alfonso Caneiro”, sosteñen dende a central.

Volver