• 21-02-17_Galiciatextil_Parlamento1.jpg
  • 21-02-17_Galiciatextil_Parlamento2.jpg

O persoal de Galicia Téxtil leva o conflito aos grupos parlamentares

Neda -

A representación sindical e delegados de persoal de Galicia Téxtil asistiron hoxe ao Parlamento con motivo das preguntas que o grupo socialista realizou  ao Goberno da Xunta na Comisión de Industria. Na súa resposta, o responsábel do IGAPE indicou que a Xunta mediará no conflito, algo que a representación social entende que chega tarde. Aínda así, agardan que por fin a Xunta "faga os deberes e asuma a responsabilidade das súas competencias en materia industrial para que o mantemento dos postos de traballo sexa un feito".

Con posterioridade a representación das traballadoras/es de Galicia Téxtil mantivo un encontro co representante do BNG na Comisión de Industria, onde este explicou o contido da Proposición Non de Lei que a formación levará á comisión parlamentaria o vindeiro día 3 de marzo.

Para este xoves, está previsto un encontro co director do IGAPE e coa directora xeral de Relacións Laborais no se que buscará implicar a administración galega na procura dunha solución para que a continuidade da fábrica de Neda sexa compatíbel co mantemento de todos os postos de traballo.

Concentración o venres

Así mesmo, continuando coas mobilizacións convocadas para todos os venres, nesta ocasión a concentración que se desenvolverá diante das portas da fábrica de 13.30 a 14.30, terá un marcado carácter do entroido, para escenificar a falta de implicación do presidente do consello de administración do Grupo Santanderina en todo este proceso, xa que "a pesares de terlle reclamado a súa intervención directa nas negociacións, non foi quen de honrarnos coa súa presenza".

Volver