
O persoal de Barreras volve á rúa para reclamar a implicación da Xunta na crise do estaleiro
O comité convocou unha manifestación coincidindo con outra xornada de paros

O cadro de persoal de Barreras mobilizouse hoxe de novo polas rúas de Vigo para reclamar a implicación da Xunta de Galiza na grave crise que atravesa o estaleiro. Traballadores/as e delegados/as sindicais da CIG, CCOO e UGT marcharon en manifestación dende as instalacións da empresa en Beiramar até a delegación da Xunta coincidindo con outra xornada de paro de catro horas convocada polo comité.