Novena xornada de folga parcial por un convenio digno en Leche Celta

As traballadoras e os traballadores de Leche Celta en Pontedeume toman forzas cun bo xantar popular durante a 9ª xornada de folga en demanda dun convenio digno. Malia a postura inmobilista da empresa e as súas prácticas de esquirolaxe desviando produción a outras fábricas (actuación que xa foi denunciada diante dos xulgados), o persoal segue firme na súa loita e a partir do 31 de xaneiro iniciaránn folga parcial indefinida.

Os paros serán de luns a domingo e efectivizaranse durante dúas horas por cada unha das quendas de traballo (mañá, tarde e noite).

Volver