Nova xornada de protestas nos centros de Política Social para reclamar a recuperación dos dereitos recortados

O cadro de persoal desenvolveu concentracións en defensa das súas condicións laborais
Nacional - 15 Out 2020

O persoal dos centros de atención directa da Consellaría de Política Social continuou hoxe coas mobilizacións para reclamar a recuperación dos dereitos laborais recortados coa escusa da crise en 2012 e para esixir uns servizos de atención ás persoas 100% públicos e de calidade. As concentracións, que se repetirán cada xoves do mes de outubro, tiveron lugar diante dos centros por iniciativa da CIG, CCOO, CSIF e UGT, que ademais solicitaron reunións cos grupos políticos con representación no Parlamento galego para abordar un conflito laboral que se prolonga dende hai catro meses.