Nova protesta do comité de Vitrasa para reclamar compensacións polo ERTE, colocación de baños e máis seguridade

Os representantes sindicais desenvolveron unha concentración diante do Concello de Vigo
Vigo - 26 Xun 2020

O comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte urbano do Concello de Vigo, desenvolveu hoxe unha nova mobilización no marco da campaña de protestas que puxo en marcha para denunciar os incumprimentos da empresa e do Goberno local a respecto da colocación de baños e mamparas, da aplicación do ERTE e das tarxetas moedeiro, así como en cuestións relativas á contratación e á seguridade e hixiene nos autobuses e no taller.

Dende a representación sindical sosteñen que continuarán coas concentracións até que as súas demandas sexan atendidas e instan o alcalde -“que respondeu negativamente ás nosas solicitudes”- e ao concelleiro responsábel a manter unha xuntanza para achegar posturas.

 >>NOVA RELACIONADA: O comité de Vitrasa mobilízase para reclamar compensacións polo ERTE, colocación de baños e máis seguridade