
Nova mobilización do persoal do SPIF, en folga para reclamar un novo acordo laboral

Persoal técnico do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPIF) da Consellaría de Medio Rural, en folga indefinida dende o pasado sábado para demandar a negociación dun novo acordo de condicións laborais e unha resposta máis eficaz deste servizo público, continuou este mércores coas mobilizacións. Nesta ocasión a concentración desenvolveuse diante do edificio administrativo da Xunta en Campolongo, en Pontevedra. O calendario de protestas continuará durante todo o mes de agosto nas catro provincias galegas.