
Non á privatización do SAF de Monterroso

A CIG continuou este xoves coas mobilizacións para esixirlle ao Goberno municipal de Monterroso que recúe na súa decisión de privatizar o servizo de axuda no fogar. Unha medida que só servirá para empeorar a calidade do servizo que se presta e precarizar as condicións das traballadoras.