
Mobilización polo cumprimento do convenio en Cespa Impacta

Traballadores e traballadoras de Cespa Impacta volvéronse concentrar este mércores diante do complexo de SOGAMA para esixir o cumprimento do convenio colectivo e que a empresa cubra as vacantes de inmediato. Dende hai seis meses unha das quendas laborais está funcionando cunha persoa menos porque Cespa non chama a traballadora da bolsa de emprego á que lle tocaría cubrir a vacante.