ILP de aproveitamentos hidroeléctricos: presentacións en Pontevedra e Vigo e recollida de sinaturas en Ourense

A CIG reclama o rescate para a xestión pública dos saltos instalados nos ríos galegos
Nacional - 10 Abr 2019

A CIG continúa coa campaña de presentacións e recollida de sinaturas en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) “Medidas para a nova xestión dos saltos e aproveitamentos hidroeléctricos no territorio de Galiza”. Nos últimos días leváronse a cabo presentacións en Pontevedra e Vigo, mentres que en Ourense instalouse unha mesa na rúa para recoller firmas entre a veciñanza.

En Vigo tivo lugar unha rolda de prensa para presentar a ILP diante dos medios de comunicación, mentres que en Pontevedra a iniciativa foi analizada en asemblea cos delegados/as da central. No caso de Ourense instalouse unha mesa na rúa na que se recolleron máis de 250 apoios en menos dunha hora.