
10 de Marzo. Día da Clase Obreira Galega

Este ano cúmprense os 50 anos das loitas o 1972 desde as que construímos a historia contemporánea do movemento obreiro galego, por iso nesta data celebramos o DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA.
Comezaron en Ferrol no mes de marzo, continuadas meses despois en Vigo, e tiveron no asasinato pola policía franquista dos traballadores da antiga Bazán, Amador e Daniel, a maior expresión da represión vivida hai 50 anos. Son os mártires dunha loita pola dignidade e pola liberdade, contra a precariedade das condicións de traballo, por salarios xustos e por defender a negociación colectiva en Galiza.
No ano 2022, 50 anos despois, A LOITA CONTINÚA, coas mesmas reivindicacións nun momento crítico como o que estamos a vivir.
Atendendo ao carácter combativo que para a CIG ten esta xornada, a central sindical ten convocada unha manifestación nacional o propio xoves día 10 en Ferrol que sairá ás 12:00 horas dende a porta principal de Navantia e rematará no monumento ao 10 de Marzo, onde se fará a tradicional ofrenda floral.