Concentración nos xulgados de Ferrol contra o ERTE de Noa Madera Creativa

Ferrol - 29 Xul 2020

Traballadores e traballadoras de Noa Madera Creativa concentráronse esta mañá diante dos xulgados de Ferrol en rexeitamento aos despedimentos e ao ERTE de 15 meses impostos polo Grupo Malasa (propietario da factoría de Fene).

A protesta realizouse con motivo da celebración do xuízo de impuganción da regulación de emprego, para a que o comité denuncia que non existe causa máis alá das pretensións de Malasa de precarizar as condicións laborais e desmantelar Noa para quedar coa súa carteira de clientes.