Concentración en demanda de condicións dignas para o persoal veterinario da Xunta

- 02 Xul 2020

A CIG realizou unha concentración este xoves diante do edificio multiusos da Xunta de Galiza en Lugo para demandar condicións laborais dignas para o persoal veterinario que fai o saneamento gandeiro. Esta concentración vén motivada pola morte dun traballador da empresa Tragsatec (á que Medio Rural ten encomendado este servizo) cando prestaba servizos nunha explotación gandeira das Nogais. A CIG entende que o falecemento deste veterinario é consecuencia da falta de medidas de seguridade apropiadas ás características do traballo do saneamento gandeiro.