
Concentración contra o despedimento dunha traballadora en Naturgy

Traballadores e traballadoras Naturgy concentráronse este martes diante das instalacións da empresa na Coruña en rexeitamento ao despedimento inxusto dunha compañeira e contra a destrución continuada de emprego que está a levar adiante a eléctrica.