Como sobreviven os servizos públicos baixo ocupación? Unha visión dende Palestina en tempos de covid

Internacional - 18 Mar 2021

O vindeiro luns, 22 de marzo, haberá un novo seminario web sobre Palestina nestes tempos de covid, desta volta centrada na organización e a situación dos servizos públicos baixo a ocupación. O encontro está organizado pola Rede Sindical Europea pola Xustiza para Palestina, da que a CIG forma parte, e para poder participar haise que inscribir aquí. Máis información no sitio da Rede Sindical: www.etun-palestine.org.