A solidariedade con Carlos e Serafín non cesa

Os sindicatos convocan unha nova concentración para reclamar o indulto
Vigo - 16 Xan 2019

As centrais CIG, CCOO e UGT convocan unha nova mobilización para reclamarlle ao Goberno español que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores vigueses condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete na folga provincial do transporte en 2008.

Como cada mes dende hai xa varios anos, a concentración desenvolverase diante do Marco de Vigo ás 20:00 horas, onde se escoitarán as xa tradicionais consignas “Indulto xa”, “Non son ladróns, son traballadores” ou “Non pode ser, obreiros na cadea e corruptos no poder”.