A CIG convoca unha protesta na sanidade do Salnés contra os recortes e as privatizacións

A concentración terá lugar este martes 30 diante do hospital comarcal ás 12:00 horas
O Salnés - 29 Xun 2020

A CIG convoca ao persoal sanitario da comarca do Salnés a unha concentración este martes 30 diante do hospital comarcal ás 12:00 horas para rexeitar a política de recortes e de privatizacións da Xunta. Na protesta participarán tamén traballadores/as do sector do transporte sanitario para denunciar a falta de técnicos/as nas ambulancias medicalizadas do Salnés, Foz e Monforte e a privatización do servizo de atención e traslado dos pacientes de diálise.