VII Congreso da CIG Cartel VII Congreso CIG.pdf (1.2 MB)

DOCUMENTOS DO CONGRESO

ÚLTIMAS NOVAS


Presentada unha única candidatura ao VII Congreso da CIG

Confirmaron a súa asistencia delegacións de organizacións sindicais de África, Europa e América

Nacional -

Unha única candidatura, encabezada por Paulo Carril, concorrerá á Executiva Confederal e Secretaría Xeral no VII Congreso da CIG, que terá lugar este fin de semana -27 e 28 de maio- no Pazo de Congresos de Compostela (San Lázaro). Dúas xornadas de debate nas que un total de 706 delegados e delegadas– 540 elixidos/as directamente polas federacións nas distintas comarcas e os/as restantes membros do Consello Confederal e da Comisión de Garantías- analizarán o traballo desenvolvido nos últimos catro anos e definirán os obxectivos que se fixa a central sindical para o vindeiro período.



A CIG celebra o seu VII Congreso os días 27 e 28 de maio en Compostela

Máis de 700 delegados/as participarán no encontro, cuxo lema é “Coa CIG somos máis fortes”

Nacional -

A Confederación Intersindical Galega celebra a vindeira fin de semana, 27 e 28 de maio, o seu VII Congreso, no Pazo de Congresos de Santiago, baixo o lema “Coa CIG somos máis fortes”. Un Congreso que foi presentado esta mañá en rolda de prensa e no que está prevista a participación dun total de 706 delegados e delegadas que elixirán á nova Executiva Confederal e acordarán as liñas de traballo que rexerán a acción sindical no vindeiro período.


  • 2016-11-07 Consello Confederal 001.jpg
  • 2016-11-07 Consello Confederal 002.jpg

O Consello Confederal da CIG convoca o VII Congreso para os días 27 e 28 de maio

Acordou tamén, entre outras cuestións, conxelar as cotas sindicais para o ano 2017 e reforzar o papel da caixa de resistencia

Compostela -

O Consello Confederal da CIG aprobou esta mañá por unanimidade a convocatoria do VII Congreso para os días 27 e 28 de maio. Xunto a isto aprobou o Regulamento precongresual, onde se estabelecen os prazos do proceso ou número de congresistas, entre outras cuestións, e as comisións de traballo das que sairán os relatorios de Acción Sindical, Organización e Estatutos que serán obxecto de debate no Congreso e que definirán as liñas de actuación da central sindical para os vindeiros anos.


CALENDARIO PRECONGRESUAL

07/11/2016
→ Convocatoria do Congreso
31/12/2016
→ Data tope fixación nominal membros natos Congreso
16/01/2017
→ Data publicación censos da afiliación
16/01/2017 ao 06/02/2017
→ Prazo de exposición e reclamacións aos censos
07/02/2017 ao 14/02/2017
→ Prazo resolución reclamacións aos censos
15/02/2017
→ Data publicación censos definitivos corrixidos
03/03/2017
→ Data tope aprobación relatorios polo Consello Confederal
20/03/2017 ao 06/04/2017
→ Asembleas federativas comarcais debate relatorios
05/04/2017 ao 28/04/2017
→ Asembleas federativas comarcais elección congresistas
19/04/2017
→ Data tope envío emendas á Comisión Nacional de Organización
03/05/2017
→ Data tope envío congresistas á Comisión Nac. de Organización
27/05/2017 e 28/05/2017
→ Data celebración VII Congreso CIG