O persoal de Vitrasa retoma os paros parciais para instar a negociar un convenio digno

Vigo -
Comezaron hoxe e desenvolveranse en días alternos até o vindeiro mes de maio de 7:00 a 8:30 e de 13:30 a 15:00

A folga pecha as tendas de H&M en Vigo, Pontevedra e Lugo

Vigo/Pontevedra/Lugo -
As traballadoras mobilizáronse para reclamar o cumprimento do convenio e en demanda de melloras salariais e laborais

Folga, manifestación e concentracións do persoal de H&M este sábado 8 en Vigo e Pontevedra

Vigo/Pontevedra -
As traballadoras da tenda de Lugo cumpren o terceiro día de folga

A CIG-Servizos baralla convocar protestas pola falta de avances no convenio de Hostalaría de Pontevedra

Pontevedra -
Dende a central sindical reclaman unhas condicións laborais dignas para os arredor de 25.000 traballadores/as do sector na provincia

A CIG denuncia “deixadez de funcións” por parte do Sergas no conflito polo convenio colectivo de Povisa

Vigo -
O departamento autonómico non lle comunicou ao comité a apertura das negociacións para fixar os servizos mínimos da folga

Persoal de Ganomagoga mobilízase na Xunta en Vigo, onde entregou un contrainforme da CIG para rexeitar o ERE

Vigo -
Non ve xustificadas as causas económicas que esgrime a empresa e considera que en todo caso debera optarse por un ERTE

A CIG volve gañar as eleccións en Pescanova no Porriño e obtén máis votos que o resto de sindicatos xuntos

O Porriño -
A central fíxose con 4 das 9 delegadas/os do comité de empresa

O persoal de cociña dos hospitais vigueses mobilizarase ante a posibilidade de despidos co cambio de concesión

Vigo -
A concesionaria do Álvaro Cunqueiro adiantou que serían necesarias de 10 a 14 rescisións de contrato para que o servizo fose rendíbel

Convocada folga e protestas no hospital vigués Povisa ante o bloqueo da negociación do convenio

Vigo -
As mobilizacións comezarán o 11 e o 13 de abril, e os paros desenvolveranse os días 17, 18, 19 e 20, pasando a ser indefinidos a partir do 24

O persoal de H&M de Vigo e Pontevedra desconvoca un día de folga tras confirmar a empresa que actualizará salarios

Vigo/Pontevedra -
Mantense a xornada de paro prevista para o 8 de abril á espera de que se apliquen os incrementos de soldo e se aumenten as xornadas

Traballadores/as do CTAG trasladan a Stellantis as protestas contra a precariedade laboral

Vigo -
O vindeiro xoves 13 de abril desenvolverán unha nova concentración, esta vez diante BorgWarner, outro dos clientes da compañía

As traballadoras de H&M en Pontevedra e Vigo, á folga contra os incumprimentos do convenio

Vigo/Pontevedra -
Serán dúas xornadas, os sábados 1 e 8 de abril, nas que tamén desenvolverán mobilizacións nas dúas cidades

Formación sindical sobre os procesos de descarbonización, dixitalización e automatización no sector do automóbil

Vigo -
As xornadas, organizadas pola CIG, terán lugar estes venres 31 de marzo en Vigo