A FCM-CIG de Ourense denuncia a “traición” de CCOO e UGT no convenio da construción

Ourense -
Renunciaron a calquera mellora por riba do convenio estatal, incluso ao 0,5% a maiores que ofrecera a patronal

GFS Security, que presta servizo na Coruña, Pontevedra e Ourense, continúa a atrasarse no pago das nóminas

Nacional -
O persoal comezou a recibir onte “a contagotas” os salarios de maio, cando ten que cobrar nos tres primeiros días hábiles, polo que volverá a mobilizarse

Protestan en Verín contra os abusos, a persecución e as coaccións ao persoal de Mercadona

Verín -
A CIG-Servizos de Ourense denuncia que a dirección obriga a traballadoras/es enfermas/os ou lesionadas/os a acudir aos seus postos e impide a conciliación da vida familiar

A CIG revalida por sétima vez a maioría absoluta no comité do Concello de Xinzo

Verín -
A central obtivo 6 dos 9 representantes ao sumar 54 votos entre o persoal municipal

Comfica despide catro traballadores en Ourense que reclamaron o plus de incentivos do convenio do Siderometal

Ourense -
A CIG-Industria convoca unha protesta diante das instalacións de Telefónica na cidade

Denuncian que o mal estado dos trens termais de Ourense pon en risco a seguridade do persoal condutor e usuario

Ourense -
O comité de empresa reclama paralizar o servizo ou substituír os vehículos por outros que se atopen en boas condicións

A CIG-Industria de Ourense solidarízase cun delegado de Viaqua apercibido de sanción

Ourense -
Desenvolveu unha concentración coincidindo coa mediación no SMAC

A 1ª asemblea nacional de delegadas da CIG en Mercadona marca a estratexia sindical para os vindeiros anos

Nacional -
Abordouse a represión da empresa aos representantes da central e a necesidade de desenvolver campañas para reclamar melloras en xornadas e horarios, tempos de descanso e vacacións

A CIG-Construción mobilízase diante da patronal en Ourense por unhas condicións dignas no sector

Ourense -
Denuncia que o empresariado insiste en rexeitar melloras sobre o convenio estatal, que contempla unha suba salarial insuficiente

A CIG gaña as eleccións en Maniber de Ourense a primeira vez que presenta candidatura

Ourense -
A central sindical fíxose con 3 delegados/as no comité ao sumar 37 votos

A VII Asemblea da CIG-Construción de Ourense elixe a Melanie Arias nova secretaria comarcal

Ourense -
No proceso renováronse tamén as persoas integrantes da Executiva da federación

Persoal da industria química ourensá: “Se sube o IPC, os salarios tamén!”

Ourense -
A CIG mobilizouse diante das empresas do sector químico Tecnogap, Hispaplasti e Refigal para denunciar a perda de poder adquisitivo

O colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG intensifica a recollida de sinaturas pola atención presencial

Nacional -
Instalaranse mesas nos vindeiros días en Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, Cangas e A Coruña para reunir máis apoios á súa campaña de denuncia contra a exclusión dixital