A CIG manifesta o seu máis rotundo rexeitamento aos despedimentos que pretende H&M

Nacional -
Advirte de que entre os tres centros afectados pode haber máis de 80 persoas despedidas

O comité denuncia o estado de total abandono da planta de Lousame e a manifesta incapacidade de xestión da Mancomunidade

Santiago -
Reclaman un consenso político para que a Xunta de Galiza interveña nas instalacións

O Comité Intercentros da CRTVG apoia a manifestación “En defensa do noso Mar”

Nacional -
Denuncia a manipulación informativa que os medios públicos están a facer na cobertura da vertedura de granulados

A CIG mobilízase para reclamar a nulidade do despido da súa candidata no centro de día Agarimo de Vigo

Vigo -
A central denuncia que se trata dun claro caso de represión sindical por parte da dirección da empresa, que recoñeceu a improcedencia no SMAC

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.