O comité do SAF de Compostela non descarta iniciar mobilizacións e mesmo convocar folga en maio

Compostela -
SERVISAR, que aínda adebeda a suba de parte do IPC, pretende empeorar as condicións laborais

A 1ª asemblea nacional de delegadas da CIG en Mercadona marca a estratexia sindical para os vindeiros anos

Nacional -
Abordouse a represión da empresa aos representantes da central e a necesidade de desenvolver campañas para reclamar melloras en xornadas e horarios, tempos de descanso e vacacións

Persoal de Urbaser maniféstase no polígono do Tambre contra os incumprimentos do convenio

Compostela -
Demandan a mediación ao concello, responsábel de que se cumpran as condicións da concesión

O persoal de cociña dos hospitais vigueses, en pé de guerra ante a posibilidade de despidos co cambio de concesión

Vigo -
Mobilizouse hoxe no Álvaro Cunqueiro para reclamar tamén o pago do complemento de absentismo, e o martes farao no Meixoeiro

A folga pecha as tendas de H&M en Vigo, Pontevedra e Lugo

Vigo/Pontevedra/Lugo -
As traballadoras mobilizáronse para reclamar o cumprimento do convenio e en demanda de melloras salariais e laborais

Folga, manifestación e concentracións do persoal de H&M este sábado 8 en Vigo e Pontevedra

Vigo/Pontevedra -
As traballadoras da tenda de Lugo cumpren o terceiro día de folga

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.