A CIG revalida a maioría absoluta en Viaqua en Santiago pasando de 6 a 7 representantes no comité

Compostela -
A central sindical acada a maioría absoluta no comité intercentros, con 25 delegadas/os dun total de 38

SOS Sanidade Pública chama a mobilizarse o 4 de febreiro en Compostela porque “outra sanidade pública é posible”

Nacional -
Denuncia que os orzamentos para 2024 avanzan no seu deterioro e convoca unha concentración o 19 de decembro diante do Parlamento de Galiza

A asemblea de traballadores/as de Einsa rexeita a proposta final da dirección sobre o ERE

A Pontes -
O período de consultas remata sen acordo e o cadro de persoal levará adiante as accións que considere oportunas en defensa dos seus empregos

Desconvocada a folga en Vertifil tras pactar unha suba salarial e outras melloras laborais

Moraña -
O persoal da empresa de Moraña deixou sen efecto os paros parciais de hoxe e a folga de 24 horas que ía ter lugar o martes

Asinado no AGA o acordo para ampliar o dereito de subrogación ao persoal de mantemento industrial da provincia da Coruña

A Coruña -
Esta era unha das materias que aínda ficaba pendente tras a sinatura do convenio do metal

O persoal da empresa Vertifil de Moraña amplía os paros en demanda de melloras laborais

Moraña -
Terán lugar dende o luns 27 de novembro ao sábado 2 de decembro durante as últimas catro horas por quenda

As Pontes clama por unha transición xusta e un futuro con emprego e industria

As Pontes -
Unhas 2000 persoas participaron na manifestación convocada pola CIG no marco da folga xeral na localidade, que rexistrou un seguimento masivo

Asinado un acordo con Gabadi para o abono dos pluses de aceiros do convenio do metal ao persoal de habilitación

Ferrol -
O entendemento chegou tras a intervención de Navantia e inclúe un compromiso para levar un documento conxunto coa patronal ao AGA

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Metal

Fundición, fabricación de maquinaria, bens de equipo, material eléctrico e electrónico, vehículos, construción e reparación naval, siderurxia, metalográfica, instalacións metálicas, talleres mecánicos, manufacturados metalúrxicos e todos aqueles que aparecen reflectidos no artigo “Ámbito de aplicación” dos catro convenios provinciais do metal.

Químicas e enerxía

Centrais enerxéticas, refinarías, extracción de minerais, empresas de distribución enerxética, plásticos, cauchos, papel, pasta e cartón, artes gráficas, fertilizantes, pesticidas, desperdicios sólidos, laboratorios, pinturas, xabóns e pirotecnias.