O TSXG corrixe os servizos mínimos do Concello nos paros de Vitrasa por vulnerar o dereito de folga

A decisión é un novo revés xudicial para o Goberno local no marco do conflito da concesionaria co seu persoal polo convenio

Dúas novas xornadas de folga total en Vitrasa en resposta ás sancións da empresa a unha ducia de traballadores/as

Vigo -
Haberá mobilizacións diante do Concello os días 8 e 9 de novembro pola mañá e unha manifestación o día 9 pola tarde

A FGAMT-CIG faise coa maioría absoluta nas eleccións sindicais en Bimba y Lola Logística de Mos

Mos -
A central obtivo 6 dos 9 representantes que se escollían no comité de empresa

A CIG volve mobilizarse nos xulgados de Pontevedra en apoio do delegado da conserva denunciado por participar nun piquete

Pontevedra -
O proceso penal por un suposto delito de lesións quedou visto para sentenza. O xuíz non admitiu as acusacións de allanamento e coaccións

Novas xornadas de folga de 24 horas no transporte urbano de Vigo para reclamar a negociación do convenio

Vigo -
Terán lugar este venres 20 de outubro e o mércores 1 de novembro. Este venres hai convocada unha manifestación dende os Choróns ás 19:00

“Ambulancias Civera incumpre cos pacientes e cos traballadores/as e a Xunta consinte”

Pontevedra/Salnés -
Persoal do transporte sanitario non urxente de Pontevedra-Salnés mobilízase para denunciar a vulneración dos acordos laborais e do convenio

O comité de Vitrasa recibe expedientes sancionadores relacionados coas convocatorias de folga

Vigo -
Tamén censura que a dirección “está a facer trampas” cos servizos mínimos, tal e como constatan as sancións da Inspección de Traballo

Novas protestas no transporte sanitario non urxente de Pontevedra-Salnés para que a concesionaria cumpra os acordos

Pontevedra/O Salnés -
O cadro de persoal de Ambulancias Civera desenvolverá unha concentración este martes 10 na entrada do hospital Provincial de 10:30 a 11:30 horas

Unhas 500 persoas mobilízanse en Vigo en solidariedade coa loita do persoal de Vitrasa

Vigo -
A práctica totalidade do persoal secundou a primeira xornada de paro de 24 horas para reclamar un convenio digno e un servizo de calidade

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).