O 061 deixa inoperativa unha ambulancia en Santiago por falta de persoal en Ambulancias do Atlántico

Compostela -
A empresa vén de despedir a un traballador en Compostela e a catro en Vigo

Acompañantes do transporte escolar de Ferrol e Betanzos denuncian a precarización laboral e os incumprimentos de Monbus co servizo

Ferrol/Betanzos -
A CIG promoverá asembleas de persoal en toda a provincia e un calendario de mobilizacións

Preacordo no convenio das conservas de peixe ao garantirse o poder adquisitivo e avanzar na eliminación da fenda salarial

Nacional -
A CIG logrou que a actualización dos soldos se faga en base ao IPC real e un incremento adicional para as categorías feminizadas

A patronal da conserva convoca xuntanza da mesa de negociación este xoves

Nacional -
Atende así ás demandas do sector que pedía unha reunión das partes en lugar de comunicados

A CIG trasládalle a súa solidariedade aos afectados e ás familias dos mariñeiros do pesqueiro galego afundido en Terranova

Marín -
Manifesta o seu pesar e agarda que “máis pronto que tarde” se atopen as persoas desaparecidas ou os corpos

A CIG amplía e consolida a súa maioría en Indipunt ao facerse con oito dos/as nove representantes do comité

Narón -
O resultado avala o traballo sindical realizado nos últimos catro anos nesta empresa do grupo Inditex

O cadro de persoal de Nueva Pescanova ratifica en asemblea o preacordo sobre a suba salarial

Vigo -
O comité de empresa e a dirección pactaron un incremento total superior ao 9% en catro anos

A CIG demanda que se realicen nas instalacións do ISM de Corcubión os cursos de formación sanitaria para mariñeiros/as

Corcubión -
Esta formación é necesaria para poder traballar no mar

Convocan máis días de folga e unha manifestación para esixir un convenio xusto nas conservas de peixe

Nacional -
A marcha terá lugar en Boiro o vindeiro sábado 19 de febreiro e os paros os días 14, 16 e 18 de marzo

Atinxido un preacordo para o convenio colectivo en Leche Celta tras 18 xornadas de folga

Pontedeume -
O pacto, que garante o poder adquisitivo dos salarios e contempla melloras laborais e socias, debe ser ratificado nas asembleas

Anuncian novas protestas no sector das conservas se a patronal non atende as reivindicacións do persoal

Nacional -
As centrais sindicais maioritarias volverían convocar folga e mobilizacións por un convenio digno

A CIG denuncia os reiterados incumprimentos laborais de Industrias Lácteas de Nadela

Lugo -
Non respecta nin o establecido no convenio do sector nin o regulado no acordo de melloras da empresa

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Agro, gandaría, pensos compostos, matadoiros, explotación forestal, granxas, piscifactorías, industrias alimentarias, frío industrial, conservas cárnicas e de peixe, caza, frigoríficos e bebidas, depuradoras, confección téxtil, coiros, calzado, pel, xéneros de punto e empresas auxiliares; pesca, marisqueo, empresas de estiba e desestiba, cultivos mariños, mariña mercante, axencias marítimas e consignatarias; transporte de viaxeiros e de mercadorías por calquera medio agás o marítimo, axencias de alfándegas, mensaxeiros, estacións de autobuses e mercadorías, aparcamentos e garaxes, gasolineiras, ambulancias, telecomunicacións e telefónica; e a produción de enerxías alternativas (eólica, solar, etc.).